Riesgo de caídas en personas con discapacidad intelectualdiseño y validación de un instrumento evaluador

  1. Dobaño García, Noemí Alba
Dirixida por:
  1. Luz González Doníz Director
  2. Alejandro Quintela-del-Río Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de xuño de 2023

Tribunal:
  1. José Ignacio Calvo Arenillas Presidente/a
  2. Jesús Seco Calvo Secretario
  3. Antonia Aurelia Gómez Conesa Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 803593 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Introdución: as caídas son a principal causa de hospitalización nas persoas con discapacidade intelectual (PCDI). A incidencia é 3,5 veces superior á da poboación xeral. Para cuantificar o risco de sufrilas, ó non existir tests específicos, utilízanse outros non deseñados concretamente para esta poboación. Obxectivo xeral: deseñar e validar un instrumento de medida do risco de caídas nas PCDI baseado nos principais factores de risco. Material e métodos: realizouse un estudo lonxitudinal de cohortes bidireccional nunha mostra de 112 PCDI para identificar os factores de risco das caídas. Cos mesmos, deseñouse un modelo matemático estimador do risco, conformando o instrumento obxecto desta investigación. Validouse esta ferramenta comparando as caídas estimadas coas reais sufridas polos participantes. Resultados: a taxa de caídas foi 2,38/persoa/ano. O modelo de regresión binominal negativa presenta o mellor axuste cun 80,18% de acerto. Incorpora a idade, a medicación, as alteracións da marcha, o grao de discapacidade intelectual, o resultado do test Tinetti e o déficit de atención. Conclusións: o instrumento proposto permite a estimación do número de caídas que presentarán as PCDI considerando os principais factores de risco detectados.