Transcripción, edición y traducción del libro IV de una versión latina de "De Materia Medica" de Pedanio Dioscórides Anazarbeo

  1. Vázquez Martínez, José Ramón
Dirixida por:
  1. José Ignacio Pérez Pascual Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 10 de xaneiro de 2019

Tribunal:
  1. José A. Pascual Rodríguez Presidente/a
  2. Mar Campos Souto Secretario/a
  3. José Ramón Morala Rodríguez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 577834 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A tese consiste na transcrición, edición e tradución do Libro IV dunha versión latina da De Materia Medica de Pedanio Dioscorides Anazarbeo. Editamos o difícil manuscrito de París (BN, lat.12995), escrito por varios copistas, que contrastamos con outras testemuñas latinoas (como o Dioscorides Longobardus, Liber IV ff. 111r-154r). A edición vai precedida por un estudo introdutorio no que se analiza a obra de Dioscórides e a súa proxección ata o Renacemento. Nas notas rexistramos as variacións entre as diferentes testemuñas e as emendas ocasionais. Doutra banda, ofrecemos unha grande cantidade de notas explicativas que xeralmente tratan de identificar as diferentes especies botánicas e incorporan referencias á realidade botánica actual, engadindo información sobre as palabras coas que hoxe se coñecen. Para todo isto servímonos dos dicionarios da disciplina, así como de textos técnicos e enciclopédicos gregos e latinos, como os de Plinio, Columela, Isidoro de Sevilla ou Teofrasto. Ademais, explícanse valores semánticos ou significativos de moitos termos, e dalgúns deles especifícase a súa etimoloxía. O traballo complétase cunha tradución ao español que intenta ser o máis rigorosa posible, cunha evidente proxección literal.