Proxecto de musealización de xacementos arqueolóxicos no Concello de Vilalba (Lugo)

  1. Ramil Rego, Eduardo
  2. Carnero Vázquez, María Ofelia
Revista:
Férvedes: Revista de investigación

ISSN: 1134-6787

Año de publicación: 2008

Número: 5

Páginas: 513-519

Tipo: Artículo

Otras publicaciones en: Férvedes: Revista de investigación

Resumen

Preséntase un proxecto de posta en valor dunha serie de xacementos arqueolóxicos emprazados no Concello de Vilalba para articular unha ruta vencellada ó Programa Educativo do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, pero que a súa vez poida ser aproveitada por outros usuarios en visitas colectivas ou individuais. A intervención deseñada centrarase nun acubillo paleolítico, nunha anta con gravuras, nunha penachantada, e nun castro. Deste xeito nunha visita cunha duración inferior á media xornada poderanse visitar restos dende a Idade da Pedra Lascada, ate a Idade do Ferro. As actuacións deseñadas de obra civil serán mínimas para atenua-lo impacto no medio circundante, o proxecto fai fincapé na preservación dos elementos e a súa acomodación para acoller visitas, na consolidación e/ou apertura de pequenas sendas peonís, e, especialmente, na colocación de fitos sinalizadores e paneis explicativos.