Caracterización funcional de la última etapa de la biosíntesis de ligninas mediante la sobreexpresión de peroxidasas en plantas modelo

  1. García Ulloa, Alba
Dirixida por:
  1. Federico Pomar Co-director
  2. Esther Novo Uzal Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 23 de novembro de 2018

Tribunal:
  1. Antonio Esteban Encina García Presidente
  2. Cristina Silvar Secretario/a
  3. María Concetta De Pinto Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 573148 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

As ligninas son polímeros amorfos e impermeables que se forman pola polimerización oxidativa de tres alcois p-hidroxicinamílicos. Deposítanse na parede celular xunto con celulosa e xilanos para formar a parede secundaria dalgúns tipos celulares en tecidos como o xilema. Na última etapa da súa biosíntese participan peroxidasas de clase III, difíciles de identificar polo grande número de isoformas que presentan as plantas e as múltiples funcións que poden desempeñar. Neste traballo ZePrx, unha peroxidasa de Zinnia elegans Jacq. relacionada previamente coa lignificación, sobreexpresouse en plantas de tabaco para caracterizar o seu efecto sobre a parede, os sistemas antioxidantes e a expresión xénica. Os resultados obtidos mostran que esta enzima permite alterar o ratio S/G das ligninas e os polisacáridos de parede, sen causar alteracións no desenvolvemento vascular, vexetativo e reprodutivo das plantas. Esta sobreexpresión tamén provocou cambios no ciclo ascorbato-glutatión, suxerindo un posible papel de esta enzima nas respostas a estrés. Ademais, dá lugar á regulación de múltiples xenes implicados na biosíntese da parede secundaria, o que apoia a súa participación na formación da mesma.