Cambios en la práctica asistencial tras la adopción del modelo de Virginia Henderson

  1. Pita Vizoso, Rosa
Dirixida por:
  1. Inmaculada Gómez Besteiro Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 20 de xullo de 2017

Tribunal:
  1. Salvador Pita Fernández Presidente/a
  2. María del Pilar Marqués Sánchez Secretaria
  3. María Luisa Guitard Sein-Echaluce Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 492376 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Obxectivo Comprender os cambios na práctica asistencial das enfermeiras/os tras a adopción do modelo de Virginia Henderson e a utilización dun sistema informático de coidados (GACELA). Metodoloxía Estudo cualitativo, exploratorio- interpretativo desde a perspectiva da Teoría Fundamentada. O estudo desenvolveuse en dous cortes temporais: no ano 2004 e no 2016. Participaron enfermeiras dos catro hospitais da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña. A recolleita de datos fíxose a través de entrevistas semiestruturadas. A análise dos datos realizouse segundo os principios da Teoría Fundamentada. As categorías agrupáronse segundo o paradigma de codificación de Strauss e Corbin. Resultados No estudo do ano 2004 incluíronse 15 participantes e 12 no 2016. No 2004 identificáronse en total de 20 categorías en dous fenómenos que se integraron na categoría central: Traballar co proceso de atención de enfermería e o modelo modifica a práctica habitual. No 2016 identificáronse 14 categorías relacionadas cun fenómeno. A categoría central identificada foi: Non se pode volver atrás. Conclusións Traballar co programa informático de coidados de enfermería GACELA converte o proceso de atención de enfermería nunha práctica normalizada e institucionalizada. A coexistencia de diferentes roles profesionais entre as/os enfermeiras/os repercute negativamente no traballo conxunto de atención aos paciente nas unidades de hospitalización. O programa GACELA provocou unha renovación profesional e cambios na organización da actividade de enfermería na institución.